Admisión e Matrícula – ESO e Bacharelato

CURSO 2024/2025

O PROCEDEMENTO CONSTA DE DOUS PASOS:

( RESERVA DE PRAZA + MATRÍCULA ) OU ( ADMISIÓN + MATRÍCULA )

SEGUNDO OS PRAZOS E CRITERIOS DOS SEGUINTES APARTADOS

15/01/2024 – IES LAURO OLMO

Podes acceder á aplicación de admisión de alumnado na seguinte ligazón [ admisionAlumnado ]

Tes información completa e actualizada na seguinte ligazón [ ESCOLARIZACIÓN ESO e BACHARELATO ]

Ver NOTA INFORMATIVA ao final da páxina !

RESERVA DE PRAZA ( Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, ambos incluídos )


Procedemento dirixido a todo o alumnado que remata estudos nun centro escolar e desexa continuar estudos nun centro escolar adscrito. No caso do IES Lauro Olmo os centros adscritos son o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa de O Barco e o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo.

No caso de que haxa máis solicitudes de reserva que prazas no centro solicitado, deberase presentar unha solicitude de ADMISIÓN no centro no que se pretenda continuar estudos, a partires do 1 de Marzo. Nese caso, os dous centros afectados expoñerán a información nos seus taboleiros de anuncios. No caso contrario non será necesario facer solicitude de admisión.

ADMISIÓN ( Do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos )


Procedemento dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo ( maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil ), así como aos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Presentación de solicitudes de RESERVA DE PRAZA / ADMISIÓN


Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións seguintes:

CRITERIOS DE BAREMO


Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:

  • Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 8 puntos polo primeiro/a e 2 puntos por cada unha/un dos restantes, co máximo de 14 puntos.
  • Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores: ata 8 puntos
    Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM): ata 3 puntos.
  • Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos.
  • Condición de familia numerosa: ata 3 puntos.
  • No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro: 8 puntos se son dous; e 10 puntos se son máis de dous.
  • Condición de familia monoparental: 2 puntos.
  • Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns: ata 4 puntos.
  • Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: 2 puntos.
  • Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: 2 puntos.
  • Expediente académico do alumnado, só no caso de ensinanzas de bacharelato: ata 2 puntos.
  • Criterio establecido polo centro: Nota igual ou superior a 9 no último ano cursado, 1 punto.

RELACIÓN DE POSTOS ESCOLARES OFERTADOS


  • Relación de postos escolares ofertados en cada nivel e etapa [ pdf ]

ASIGNACIÓN DE PRAZAS


Asignaranse de conformidade coa puntuación acadada por cada alumna ou alumno, tendo en conta a orde de prioridade expresada na solicitude. No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación en cada un dos criterios seguindo a mesma orde na que aparecen no apartado anterior. De persistir o empate, este resolverase conforme ao resultado do sorteo público que realiza anualmente a consellería.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO


Provisional: Cada centro publicará as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso, por orde da puntuación total obtida, antes do 25 de abril de cada ano. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación.

Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, os centros publicarán as listaxes definitivas antes do 15 de maio.

  • Listaxe PROVISIONAL de alumnado admitido e excluído [ pdf ]
  • Listaxe DEFINITIVA de alumnado admitido e excluído [ pdf ]

MATRÍCULA ( Do 25 de xuño ao 10 de xullo de cada ano )


Procedemento dirixido a todo o alumnado que foi aceptado no prazo de RESERVA DE PRAZA ou ADMISIÓN.

PRAZO de matrícula ORDINARIO: Do 25 de xuño ao 10 de xullo de cada ano.

DOCUMENTACIÓN a presentar

  • 2 fotos tamaño carné do alumno/a.
  • Copia do DNI dos pais e do alumno/a.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • Certificación académica cando o alumno/a proceda doutro centro.
  • Xustificante de ter pagado o Seguro Escolar por importe de 1,12 € en ABANCA ( a partir de 3º da ESO e ata os 28 anos )

IMPRESOS DE MATRÍCULA dispoñibles na secretaría do centro.

NORMATIVA RELACIONADA


  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

NOTA INFORMATIVA


1º. Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde publicada na seguinte ligazón