Admisión e Matrícula – Ensinanzas de Adultos

Condicións xerais de acceso

  • Persoas adultas maiores de 18 anos ou que os fagan no ano natural no que comeza o curso escolar.
  • Alumnado maior de 16 anos que teña un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario.
  • Alumnado deportista de alto rendemento.

ADMISIÓN – No centro soamente impártese a modalidade PRESENCIAL

  • Para 1º, 2º, 3º e 4º ESA – Entre os días 1 e 15 de Xuño de cada ano.
  • Para as Ensinanzas Básicas Iniciais I e II non hai que facer solicitude de admisión.
  • Impreso de admisión ESA  ( Dispoñible en papel na secretaría do centro )

MATRÍCULA – No centro soamente impártese a modalidade PRESENCIAL

  • Para 1º e 3º ESA ( Primeiro cuadrimestre ) – Entre os días 1 e 10 de Setembro.
  • Para 2º e 4º ESA ( Segundo cuadrimestre ) – Entre os días 9 e 16 de Xaneiro.
  • Para as Ensinanzas Básicas Iniciais I e II – Prazo aberto todo o ano dende a primeira semana de Setembro.

Documentación para facer a MATRÍCULA

  • 2 fotos tamaño carné do alumno/a.
  • Copia do DNI do alumno/a.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • Certificación académica cando o alumno/a proceda doutro centro.
  • Xustificante de ter pagado o Seguro Escolar por importe de 1,12 € en ABANCA ( obrigatorio ata os 28 anos )
  • Impreso de matrícula ESA e EBI I e II ( Dispoñible en papel na secretaría do centro )

Ligazóns relacionadas