Transporte escolar

SOLICITUDE

Marcar cunha X no sobre de matrícula se desexa ou non o servizo de transporte escolar.

Quen pode usalo ?

Será USUARIO LEXÍTIMO do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.

Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecidas ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa.

Do mesmo xeito, para manter a condición de usuario lexítimo, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2018-2019.

Os usuarios lexítimos de transporte escolar que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario lexítimo, e, conseguintemente, non terán acceso preferente ao comedor escolar. No suposto en que o comedor escolar de referencia tivera máis solicitudes que prazas autorizadas, e a condición de usuario lexítimo de transporte escolar fora determinante para obter unha praza no comedor, o alumno ou alumna que perdese a súa condición de usuario lexítimo por non facer voluntariamente un uso continuado do transporte escolar, perderá a praza obtida, que deberá ser asignada polo Consello Escolar ao seguinte na lista de espera.

Usuario non lexítimo

Se sobran prazas e non hai que variar as rutas pódeselle ofrecer o servizo de transporte escolar a:

  1. Alumnado de ensino obrigatorio, FP Básica e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios, do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.
  2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.
  3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.
  4. Alumnado de bacharelato e ciclos medios e superiores de FP. Neste punto é preciso reiterar que o alumnado de ensinanzas non obrigatorias que utilice o servizo nos vehículos que contrata esta Consellería farao de forma absolutamente qratuíta a través da autorización expedida pola Xefatura Territorial.

No caso de sobrar prazas haberá acceso ao servizo por viaxeiros adultos do Programa TES+BUS.