O/A teu/túa fillo/a forma parte dunha xeración que crece nun mundo conectado, rodeado/a de smartphones, tabletas e ordenadores. A educación non pode ser allea a un mundo cada vez máis dixital. Por iso, a Xunta puxo en marcha
o Proxecto Abalar, enmarcado na Estratexia de Educación Dixital 2020, para proporcionarlle ao alumnado e aos docentes as ferramentas tecnolóxicas para que o ensino se axuste á realidade social na que viven as actuais xeracións.
Abalar é unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital coa implicación de toda a comunidade educativa: familias, docentes e alumnado. Para conseguilo Abalar iniciou a súa andaina en 2010 proporcionando aos centros educativos:
- O equipamento e a conectividade.
- Contidos educativos dixitais.
- Accións de formación e difusión para docentes e familias.
- Canles de participación a través de espazos web e apps.
Abalar é unha iniciativa viva en evolución constante que ofrece contidos educativos exclusivamente dixitais para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º a 4º de ESO, grazas á plataforma de aprendizaxe virtual E-Dixgal.
O/A teu/ túa fillo/a é un/unha dos preto de 55.000 alumnos/as galegos/as que xa estudan unicamente con libros dixitais sendo o ordenador que se lle proporciona a súa ferramenta de estudo.
Se che xorden dúbidas sobre o uso da plataforma ou tes unha incidencia técnica podes contactar co Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento de luns a domingo a calquera hora, a través do teléfono 881 86 99 00, do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal, ou da mensaxería instantánea no número de WhatsApp 604 06 78 56 ou no Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal
O Servizo Premium encargarase da xestión de avarías, incidencias, problemas e da aclaración de dúbidas e consultas sobre as ferramentas ou o equipamento que familias, profesorado ou alumnado poidan ter no Proxecto Educación Dixital.
Ademais, para axilizar a resolución de incidencias tes á túa disposición no equipo portátil a aplicación “Acerca da Maqueta Abalar” que, a través dun Código QR, simplificará a creación da incidencia ou consulta.