Servizo de comedor

AXUDA ESTRAORDINARIA COMEDORES ESCOLARES – Medidas COVID-19

Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.

SOLICITUDE DE SERVIZO DE COMEDOR

ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR

Serán elixidos os usuarios segundo a orde que segue:

  1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
  2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 3/2018 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2018-2019.
  3. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
  4. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.
  5. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e as modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente, de habelas, e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes.
  6. Outro alumnado do centro. Neste suposto atópanse os escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
  7. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado.

NORMAS DO SERVIZO DE COMEDOR

  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automáticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
  • Os usuarios/as do servizo de comedor escolar que en tres ocasións non comuniquen a súa ausencia, antes das 9.45 horas do día que deba ter efecto, poderán ser suspendidos pola Dirección do centro do dereito ao uso do servizo durante 10 días.