Localización

Localizar en Google MapsNavegación dinámica con StreetView

O Instituto de Educación Secundaria Lauro Olmo de O Barco,  está situado na rúa Calabagueiros de O Barco de Valdeorras, fronte ó pavillón  polideportivo, o centro de saúde e ó Centro de Formación do profesorado. A un lado o campo de fútbol de Calabagueiros  e  ó outro lado o CEIP Condesa de Fenosa.  O entorno do centro é unha zona escolar onde están ubicados a maioría dos centros educativos de O Barco,  o CEIP Condesa de Fenosa,  que  está adscrito a este Instituto, o  I.E.S Martaguisela e o CEIP Julio Gurriarán.O Instituto de Educación Secundaria Lauro Olmo, recolle alumnado procedente da propia localidade e de distintos pobos das proximidades. O Barco é a localidade  máis dinámica da comarca de Valdeorras, conta cunha poboación duns 14.000 habitantes, pero a súa poboación flotante é moito maior.

O Barco de Valdeorras é o eixe vertebrador da vida da comarca valdeorresa. O motor económico é a industria da louxa, que proporciona traballo a unha gran parte da poboación, e atrae traballadores doutras zonas de Galicia, de España e tamén do estranxeiro. Outros sectores relevantes a nivel socioeconómico son o da viticultura, construción e o sector servizos.

En O Barco están os Xulgados, Facenda, delegacións de Presidencia, Hospital comarcal, entidades bancarias,hostelería e comercio en xeral, o que da un gran dinamismo á vila. Os sectores económicos exercen unha atracción de poboación de fora do contorno valdeorrés o que fai que o noso centro como os da bisbarra reciba alumnado de máis de 15 nacionalidades, sobre todo de Portugal, Latinoamérica e paises do leste de Europa.