Consello escolar

Presidente/a
Quiroga Gayoso, Amparo
Secretaría
Vilor Alonso, José Carlos
Representante do Concello
Alonso Araujo, Aurentino
Nais e Pais
Álvarez Arias, Diana
Delgado Rey, Susana
Mancebo Peña, María Luz
Alumnado
Díaz López, Carlota
Gómez Reigada, Sergio
Persoal de administración e servizos (PAS)
Delgado Silva, María Isabel
Profesorado
Alfonso Palop, Marisa Esperanza
Ansín Agis, José Ángel
Arias Gómez, Ana Isabel
Brenlla González, Daniel
Eiros González, María José
Fernández López, José
Graña Candal, Manuel
Lolo López, Adelina
Pérez Prieto, Ana Raquel
Vega Paniagua, José Alberto
Competencias do Consello Escolar
O Consello Escolar está formado por 7 profesores/as, 3 pais e nais , 4 alumnos/as, 1 representante dos P.A.S. e 1 representante do Concello. Forman parte ademais o director/a que preside o Consello escolar ademais das/os xefes/as de Estudos e o secretario/a.

Competencias do Consello Escolar : O consello escolar do centro terá as seguintes competencias:

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas a que se refire o capítulo II do título V desta lei.

b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director.

e) Decidir sobre a admisión de alumnos con suxeición ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan.

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar porque se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o consello escolar, por instancia de pais ou titores, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, de ser o caso, as medidas oportunas.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

h) Promover a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar e aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co establecido no artigo 122.3.

i) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa súa calidade.

l) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

Dentro do Consello Escolar existe un representante que leva as iniciativas e programas de coeducación e un Observatorio de Convivencia escolar, órgano responsable dos conflitos e problemas de convivencia entre os membros da comunidade educativa. O Artigo 7º no seu apartado 4, recolle a composición do Observatorio da Convivencia Escolar do centro, no que se integrarán: o director ou directora do centro; o xefe ou xefa de estudos; o orientador ou orientadora, se é o caso; un representante do alumnado, un representante dos pais e nais; a persoa do consello escolar encargada das iniciativas e programas de coeducación; un representante do persoal non docente; e de un a catro representantes do profesorado. Tamén se indica que estará aberto á participación do profesorado titor relacionado co tema que se analice e aos profesionais da sanidade, dos servizos sociais e das asociacións do sector que poidan colaborar na mellora da convivencia escolar. As funcións do Observatorio de Convivencia segundo o decreto 85/2007 do 12 de abril DOG (08-05-2007) son:

- Dinamizar o Plan de Convivencia do centro.

- Elaborar un informe anual da análise da convivencia.

- Informar trimestralmente ao consello escolar.

- Coordinar as actuacións conxuntas dos ámbitos implicados relacionados coa mellora do clima de convivencia.

- Propoñerlle á Administración educativa as medidas oportunas para a mellora da convivencia.

- Aqueloutras que a propia Administración ou o Observatorio da Convivencia Escolar a nivel provincial lle poidan encomendar.O equipo directivo informará ó Consello Escolar sobre as propostas e iniciativas que previamente se determinen dende os órganos de coordinación docente, titorías e claustro,así como aquelas outras actividades que por lei son da súa competencia, pero tamén sobre os problemas que se veñan presentando ó longo do curso, aínda que non teña que intervir directamente este órgano para solucionalos.