Premios extraordinarios ESO

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO. Curso 2017/18

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

  • Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que teña destacado polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.
  • A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora dosistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS

  • Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.
  • Cada premio estará dotado con 750 €.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción.
  • A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
  • O alumnado que obteña o premio poderá optar aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

  • Ter cursado durante o ano académico 2017/18 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  • Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

PRAZO DE SOLICITUDES

  • 07/06/2018 – 06/07/2018

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • As solicitudes  presentaranse preferiblemente na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o seguinte formulario:  Procedemento D311D
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes onde estea matriculado o alumno/a no curso 2017/2018.

REALIZACIÓN DE PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO

  • O alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade.
  • A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2018 nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no DOG.
  • Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo.
  • A proba estruturarase en dúas partes:
    • Primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
    • Segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e/ou prácticas, de tres materias do currículo de cuarto curso:
      • Xeografía e Historia.
      • Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas.
      • Unha materia a escoller entre Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
  • Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
  • Cada unha das materias cualificarase entre 1 e 10, utilizando un só decimal.
  • Para poder aspirar ao premio, deberanse obter, como mínimo, cinco puntos en cada unha das materias.
  • A puntuación de cada parte da proba obterase mediante a suma das puntuacións das materias que a compoñen.
  • A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada parte da proba.

INFORMACIÓN RELACIONADA