Condicións xerais de acceso: ESA – Educación secundaria para persoas adultas
- Para 1º e 3º ESA ( primeiro cuadrimestre) persoas adultas maiores de 18 anos ou que os fagan no ano natural no que comeza o curso escolar ( 2026 ) e aquelas que teñan cursado ensinanzas para persoas adultas en cursos anteriores.
- Para 2º e 4º ESA ( segundo cuadrimestre ) deberán cumprir os dezaoito anos no ano seguinte ao ano no que comeza o curso escolar ( 2027 )
- Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os
cumpran no ano natural no que comeza o curso escolar, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto rendemento. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.
MATRÍCULA – No centro soamente impártese a modalidade PRESENCIAL
- Para 1º e 3º ESA ( Primeiro cuadrimestre ) – Entre os días 1 e 8 de Setembro de 2026
- Para 2º e 4º ESA ( Segundo cuadrimestre ) – Entre os días 8 e 15 de Xaneiro de 2027
Documentación para facer a MATRÍCULA
- 2 fotos tamaño carné do alumno/a.
- Copia do DNI do alumno/a.
- Copia da tarxeta sanitaria.
- Certificación académica cando o alumno/a proceda doutro centro.
- Xustificante de ter pagado o Seguro Escolar por importe de 1,12 € en ABANCA ( obrigatorio ata os 28 anos )
- Impreso de matrícula ESA e EBI I e II ( Dispoñible en papel na secretaría do centro )
Ligazóns relacionadas
- RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2026, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2026/27
- ORDE do 2 de outubro de 2024 pola que se regula a educación básica para persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia
- Información sobre a educación de adultos en Galicia [ Materiais, validacións, dúbidas frecuentes .. ]