Historia do Centro

IES Lauro Olmo O Centro

A historia do IES Lauro Olmo, remóntase a 1976 ano no que comeza a súa andaina nunhas instalacións moi precarias, edificios prefabricados utilizados con posterioridade pola Cruz Vermella.

No ano trasladouse ás actuais instalacións denominándose Instituto de Formación Profesional que por non ter nome denominouse IFP nº 1 de O Barco de Valdeorras, impartindo só Formación Profesional de 1º e 2º grado.

A partir do ano 1998 incorpórase ó centro o alumnado da ESO, e dende o ano 2000 tamén o alumnado de Bacharelato e a EPA ( Adultos). Mentres pasouse da antiga FP ós ciclos formativos de grao medio e superior.

Estableceuse tamén un plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras, tanto de Inglés como de Francés. Posteriormente nas instalacións do noso centro estableceráse a EOI ( Escola Oficial de Idiomas ) sección delegada de Ourense.

En canto a instalacións este centro medrou moito, primeiro cunha ampliación propiciada polo establecemento da ESO e os ciclos formativos que substituíron á antiga FP, no ano 2008, coa incorporación do edificio C no que están a maioría das aulas de bacharelato, audiovisuais, informática e os novos departamentos.

A nivel pedagóxico contamos cun grupo humano maioritariamente implicado no traballo para formar ó noso alumnado, para prestixiar e dar a coñecer á sociedade valdeorresa en xeral a realidade do centro: profesorado, novas propostas educativas (ciclos formativos, bacharelato, Educación Permanente de Adultos, Escola Oficial de Idiomas), traballos de formación e innovación pedagóxica, equipamentos.

O nome do centro, IES Lauro Olmo estableceuse no ano 1999, tras un referendum realizado entre todo o alumnado do centro. Posteriormente fíxose unha inauguración oficial á que asistiron ademais das autoridades locais e autonómicas, a viuva de Lauro Olmo, Pilar Enciso así como os seus fillos e netos.