Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Image
Este ano a biblioteca do IES Lauro Olmo ten que realizar un novo Plan de lectura, escritura e acceso á información (en adiante PLEA) que entrará en vigor o curso 2026/2027. Antes da redacción definitiva do PLEA, na fase previa de análise de datos que corresponde a este curso, a biblioteca debe recoller a información dos diferentes formularios dirixidos tanto ao alumnado, ao profesorado coma ás familias nos tres piares (lectura, escritura e información) que sustentan o PLEA, co propósito de estudar os datos recollidos para poder redactalo acorde ás necesidades reais, neses tres ámbitos, do noso centro educativo. Por iso, agradécese a colaboración de toda a comunidade educativa.