Premios extraordinarios Bacharelato

Curso 2018 / 2019

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

  • Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
  • Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, ten como obxecto o recoñecemento do especial aproveitamento do alumnado que cursou na Comunidade Autónoma de Galicia calquera das modalidades de bacharelato establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS

  • Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
  • Cada premio estará dotado con 1000 €.
  • A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá ademais un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro educativo onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción.
  • O alumnado que obteña o premio poderá optar aos premios nacionais de bacharelato.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

  • Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2018/19 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou a distancia.
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de bacharelato na convocatoria ordinaria.
  • Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.

PRAZO DE SOLICITUDES

  • 29/04/2019 – 28/05/2019

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • As solicitudes  presentaranse preferiblemente na sede electrónica da Xunta de Galicia – Procedemento D311A
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes onde estea matriculado o alumno/a no curso 2018/2019 empregando o Anexo I

REALIZACIÓN DE PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO

  • O alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade.
  • A celebración da proba terá lugar o día 27 de xuño de 2019 nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no DOG.
  • Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo.
  • A proba estruturarase en dúas partes:
  • Primeira parte – Duración 2 horas
    • Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
    • Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.
  • Segunda parte – Duración 1 hora
    • Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da Arte II.
  • Cada unha das materias cualificarase entre cero e dez, utilizando un só decimal.
  • A puntuación de cada parte da proba obterase mediante a suma das puntuacións das materias que a compoñen.
  • A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas en cada parte da proba.
  • Para aspirar ao premio extraordinario, o alumnado deberá obter, como mínimo, 5 puntos en cada unha das materias da proba e 21 puntos ou máis na puntuación total.

INFORMACIÓN RELACIONADA