Abalar móbil

abalar-mobil-gl
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado no IES Lauro Olmo en educación secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
google-play-logoapp-store-logo
qrcode-abalar-mobil-google-playqrcode-abalar-mobil-app-store
Están a disposición das familias unha guía Abalar Móbil, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario de incidencias para realizar consultas ou tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
https://www.youtube.com/watch?v=_7SkyNklCoU

Abalar Móbil en YouTube