Medidas COVID-19

Segundo as instrucións relativas ao covid-19, dende o día 16 de marzo o centro estará pechado ao alumnado, permanecendo unha persoa do equipo directivo en horario de 10 a 13 horas.

O alumnado continuará a súa formación dende casa e seguirá preparando os exames programados. En cumprimento das instrucións da Consellería, o profesorado traballará vía telemática con especial atención aos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato.

Prácticamente todo o profesorado xa contactou coa maior parte do alumnado empregando diferentes medios: a aula virtual do centro onde os alumnos e alumnas de segundo de bacharelato teñen un curso á súa disposición con tódalas materias onde poden entrar como convidados, as aulas virtuais que xa estaban a funcionar, aulas en Google Classroom, aulas en Edmodo, material de traballo en Google Drive, grupos de whatsapp, comunicación por correo electrónico e mensaxería na plataforma Abalar móbil.

Por parte do profesorado intentaráse ter unha comunicación o máis fluida posible co alumnado sexa cal sexa a canle elexida, sen esquecer que tendes á vosa disposición o correo electrónico do centro e o correo dos diferentes departamentos didácticos, encargados de coordinar aos seus respectivos membros.

ies.lauro-olmo.valdeorras@edu.xunta.es
Información dos departamentos didácticos