Cambio de materias no Bacharelato

Elección no segundo curso de bacharelato de materias condicionadas á superación das correspondentes materias do primeiro curso:

Artigo 23 da RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia ( DOG do 22 de maio de 2018 )

  • Para materias de modalidade o alumno terá que superar ao longo do curso a correspondente materia pendente de primeiro de bacharelato. Por exemplo para superar Debuxo Técnico II terá que superar Debuxo Técnico I
  • Para materias optativas ( Francés II, Tecnoloxía Industrial II e TICs II ) o alumno terá que superar unha proba – preparada polo correspondente departamento didáctico – adaptada ao currículo da correspondente materia de primeiro de bacharelato. A proba calificaráse como apto/non apto e certificará que o interesado está capacitado para continuar os estudos da correspondente materia de segundo. Dita proba realizarase antes do inicio das actividades lectivas e deixarase constancia da súa superación mediante unha dilixencia no historial académico do alumno, no expediente académico e de ser o caso no informe persoal por traslado.
    • Francés
      • Data e hora de realización: –/–/—- ás –:– H
      • A superación da proba habilita ao alumno para matricularse en Francés II
    • Tecnoloxías da Información e da Comunicación ( TICs )
      • Contido da proba
      • Data e hora de realización: –/–/—- ás –:– H, Aula A27
      • A superación da proba habilita ao alumno para matricularse en TICs II
    • Tecnoloxía Industrial
      • Contido da proba
      • Data e hora de realización: –/–/—- ás –:– H, Aula A27
      • A superación da proba habilita ao alumno para matricularse en Tecnoloxía Industrial II