Admisión e Matrícula – ESO e Bacharelato

CURSO 2019/20

Aplicación de xestión de solicitudes admisionalumnado

RESERVA DE PRAZA


Procedemento dirixido a todo o alumnado que remata estudos nun centro escolar e desexa continuar estudos nun centro escolar adscrito. No caso do IES Lauro Olmo os centros adscritos son o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa de O Barco e o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo.

No caso de que haxa máis solicitudes de reserva que prazas no centro solicitado, deberase presentar unha solicitude de ADMISIÓN no centro no que se pretenda continuar estudos, a partires do 1 de Marzo. Nese caso, os dous centros afectados espoñerán a información nos seus taboleiros de anuncios. No caso contrario non será necesario facer solicitude de admisión.

Prazos de solicitude de reserva – Do 1 ao 15 de Febreiro de 2019

ADMISIÓN


Procedemento dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo ( maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil ), así como aos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Prazos de solicitude de admisión – Do 1 ao 20 de Marzo de 2019

Presentación de solicitudes de RESERVA DE PRAZA / ADMISIÓN


Os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informática a través da cal, se así o desexan, poderán cumprimentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

A aplicación admisionalumnado posibilita que as familias cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do/a proxenitor/a asinante.

Letra de desempate – Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “E” e “C” para o primeiro apelido e “U” e “P” para o segundo.

MATRÍCULA


Procedemento dirixido a todo o alumnado que foi aceptado nun centro escolar no prazo de RESERVA DE PRAZA ou no prazo de ADMISIÓN.

Prazos de matrícula

  • Ordinario – Do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019
  • Extraordinario – Do 1 ao 10 de setembro de 2019

Documentación a presentar

  • 2 fotos tamaño carné do alumno/a.
  • Copia do DNI dos pais e do alumno/a.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • Certificación académica cando o alumno/a proceda doutro centro.
  • Xustificante de ter pagado o Seguro Escolar por importe de 1,12 € en ABANCA ( a partir de 3º da ESO e ata os 28 anos )

Impresos de matrícula ( sobres dispoñibles na secretaría do centro )

Nas seguintes ligazóns pódense ver as materias ofertadas en cada curso.

NORMATIVA RELACIONADA


  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.