PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
- ORDE da convocatoria – DOG do 24 de xaneiro de 2019
- Procedemento ED540A na sede electrónica da Xunta de Galicia
CONDICIÓN DAS PERSOAS ASPIRANTES
- Teren feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
- Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
FORMA, LUGAR E PRAZOS DE PRESENTACIÓN
- Os prazos de matrícula serán:
- Convocatoria de maio: 11 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
- As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
- As solicitudes de inscrición poderán presentarse:
- En soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 da convocatoria empregando o Anexo I
- Ou na sede electrónica da Xunta de Galicia – código de procedemento ED540A
DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS
- As probas realizaranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias.
- Entre as 8.30 e as 9.00 horas iniciarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.
- SESIÓN DE MAÑÁ terá dúas partes:
- PRIMEIRA PARTE, das 9.30 ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.
- SEGUNDA PARTE, das 12.15 ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.
- Na SESIÓN DE TARDE, das 16.00 ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:
- a) Lingua Galega e Literatura.
- a.1) Exercicio de redacción. Na valoración da redacción terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.
- a.2) Cuestións de Lingua Galega e Literatura.
- b) Lingua Castelá e Literatura.
- b.1) Exercicio de redacción. Realizarase conforme o disposto no punto a.1) para a Lingua Galega e Literatura.
- b.2) Cuestións de Lingua Castelá e Literatura.
- c) Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
- a) Lingua Galega e Literatura.
INFORMACIÓN RELACIONADA