Axuda libros de texto

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

BENEFICIARIOS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e en Educación Especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial.

OBXECTO

Apoiar as familias con menos ingresos para dispoñer dos libros de texto e material escolar.

BASES REGULADORAS

Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para o curso escolar 2018/2019.

PRAZO DE SOLICITUDES

Dende o 10 de maio de 2018 ata o día 22 de xuño de 2018.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Preferiblemente por vía electrónica nos formularios dispoñibles na aplicación FondoLibros da sede electrónica da Xunta de Galicia
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes onde estea matriculado o alumno/a no curso 2017/2018.

A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

INFORMACIÓN RELACIONADA

Librarías incluídas no programa AxudasLibros